Bases do sorteo de Nadal | Compra no Morrazo

Bases do sorteo de Nadal

BASES DO SORTEO

I. OBXECTO

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo_FECIMO, desenvolverá do 5 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive, a promoción "O NADAL MÁIS GRANDE DO PEQUENO COMERCIO" (de aquí en diante CAMPAÑA). Esta Campaña pretende transmitir aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados adheridos, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

2. ÁMBITO DE PROMOCIÓN

Esta promoción terá o seu ámbito nos establecementos comerciais e demáis empresas integradas na Federación a través das súas asociacións, que decidan voluntariamente participar na mesma (sempre e cando os mesmos atópense abertos ao público e en normal funcionamento durante o período indicado). Un establecemento que non participe na campaña non poderá entregar os códigos da promoción nin canxear os cheques compra.

As bases estarán publicadas e dispoñibles nas páxinas webs www.fecimo.es e www.compranomorrazo.com. Así mesmo as bases estarán publicadas na Notaría de Cangas (Pontevedra) e remitiranse para a súa inclusión no arquivo notarial de bases de concursos e sorteos (ÁBACO).

3. PREMIOS

Os premios que constitúen a presente campaña consisten en cheques compra para mercar nos establecementos adheridos á campaña, por un importe total bruto antes de retencións/ingresos a conta de 7.050,00 €, repartidos da seguinte forma:

PREMIOS DIRECTOS:

6 PREMIOS DE 300 €……. .Total_ 1800 €

9 PREMIOS DE 200 €……. .Total_ 1800 €

12 PREMIOS DE 100 €……. .Total_ 1200 €

45 PREMIOS DE 50 €… ….Total_ 2.250 €

FECIMO resérvarase o dereito a entregar aos gañadores outro premio de iguais ou similares características.

4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN.

Trátase dunha promoción dirixida aos clientes-consumidores das empresas asociadas adheridas. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo no comercio ou empresa asociada participante durante o período de vixencia da promoción (do 5 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018).

A cada cliente por cada compra superior a 10 € entregaráselle unha tarxeta cun código alfanumérico impreso único, válida para un só uso, que o consumidor poderá validar calquera día da semana, as 24 horas do día e ata ás 23:59h do 7 de xaneiro de 2018 a través da web: www.compranomorrazo.com. Chegado ese momento, rematará a posibilidade de que os participantes continúen validando códigos.

O establecemento participante poderá entregar ata un máximo de 3 códigos pola compra (independientemente do importe), ó seu criterio.

Aquelas persoas que non conten con medios técnicos ao seu alcance, poderán acudir á sede de FECIMO para validar os seus códigos.

Para participar os usuarios deberán introducir os datos do código único da súa tarxeta. De seguido, deberán rexistrarse con datos:

NOME
APELIDOS
TELÉFONO
DATA DE NACEMENTO (campo opcional)
E-MAIL
LOCALIDADE DE RESIDENCIA

Unha vez cumplimentáranse os campos requeridos de xeito correcto, o sistema informará automáticamente se o participante resultou premiado cun dos PREMIOS DIRECTOS ou non.

Na promoción entran en xogo os códigos, non o rexistro da persoa, polo que cantos máis códigos teña unha persoa acumulados, máis posibilidades terá de resultar premiado.

Os gañadores serán publicados nas páxinas web www.fecimo.es e www.compranomorrazo.com e serán contactados polo promotor dacordo cos datos do rexistro. É imprescindible gardar o CÓDIGO posto que solicitaráselle, se resulta premiado.

Cada cliente poderá participar tantas veces como códigos obteña mediante a compra ou contratación de servizos, aumentando deste xeito as súas probabilidades de resultar agraciado cun premio.

A presente promoción farase con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.

Todos os datos introducidos polo participante deberán ser veraces. No suposto de que o participante rexistrárase con datos falsos ou utilizara de xeito inadecuado tecnoloxía informática para acadar obxectivos fraudulentos, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.

A constatación de calquera destas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as citadas irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, FECIMO, resérvase o dereito a exercitar todas as accións legais que lle asistan contra os infractores.

5. PROCEDEMENTO DO SORTEO

CÓDIGOS CON PREMIO DIRECTO

Antes do comezo da campaña, estableceranse ao azar os MOMENTOS nos que serán entregados os premios directos. Para cada premio, establecerase un MOMENTO dentro do período da campaña. Estes momentos serán definidos como día_hora_minuto_segundo. Cada premio será asignado ao primeiro código que sexa rexistrado á partir do MOMENTO establecido para dito premio. A listaxe de momentos nos que se repartirá cada premio será xerada de forma automática e só será coñecida pola empresa que xestiona a promoción por Internet, que asinará un compromiso de confidencialidade.

6. ENTREGA E ACEPTACIÓN DOS PREMIOS

Para a entrega dos PREMIOS DIRECTOS ADXUDICADOS, unha vez o sistema detecte que o participante obtivo un premio, automáticamente enviaráselle unha mensaxe por e-mail (ao enderezo facilitado no rexistro) acreditándoo como premiado/a. No prazo de 5 días hábiles o premiado deberá acreditar a súa condición de gañador dirixíndose á sede de FECIMO ou directamente no establecemento comercial no que realizou a compra, que deberá comunicalo á federación, séndolle requerido o código premiado. De non ser así FECIMO porase en contacto co premiado no número de teléfono facilitado ao participar na promoción. No suposto de que o gañador non aceptara o premio nas condicións e prazos establecidos ou, tras 3 chamadas, non puidera ser localizado mediante os datos facilitados o premio quedará deserto.

Ningún dos premios da presente promoción poderá ser obxecto de cambio, alteración, compensación o cesión a petición dos gañadores.

Os PREMIOS DIRECTOS consistentes en cheques compra de 50€, 100€, 200€ e 300€ serán entregados no momento en que o gañador acredite dita condición e nun prazo de 5 días (data límite de recollida: 25 de xaneiro de 2018)

Os gañadores/as de calquera dos premios deberán gastalos nos establecementos adheridos á campaña, nun prazo de 1 MES dende a realización do sorteo (é dicir, con data límite: 10 de febreiro de 2018).

7. OUTRAS CONDICIÓNS DOS PREMIOS

  • En calquera dos casos, os premiados deberán entregar a tarxeta co código premiado, nos prazos establecidos previamente para a identificación do premiado. Unicamente será decisión de FECIMO, non requerilo, no caso en que outras circunstancias de clara evidencia, acrediten a condición de premiado.
  • FECIMO resérvase o dereito a non aceptar tarxetas de códigos ilexibles, manipulados, falsos ou con calquera defecto ou anomalía que impidan o seu recoñecemento ou validez de participación nesta promoción.
  • O período de reclamacións ao promotor finaliza en 7 días hábiles transcurridos dende a comunicación ao gañador.

8. LIMITACIÓNS PARA PARTICIPAR

FECIMO resérvase o dereito, se concurre causa xusta e previa comunicación de xeito legal, a efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta promoción. A simple participación implica a aceptación destas bases na súa totalidade, polo que a manifestación, no sentido da non aceptación das mesmas, implicará a exclusión do participante e, como consecuencia, FECIMO, quedará liberada do cumprimento da obriga contraida con dito participante.

Así mesmo, os participantes comprométense a admitir a decisión interpretativa que FECIMO poida darlle sobre as presentes bases ou sobre calquera cuestión derivada da promoción contemplada nestas.

O gañador de calquera dos premios non poderá ser o propietario/titular/socio, os seus empregados, cónxuxe, nin familiar de 1º grao descendente ou ascendente (fillos/pais) do establecemento onde fora entregada a tarxeta de código. Dada a imposibilidade material por parte de FECIMO de identificar as persoas mencionadas anteriormente, de resultar calquera de elas agraciadas e de coñecerse tal circunstancia, excluirase como premiado quedando dito premio deserto.

Así mesmo, se a persoa que figura no boleto gañador fose un menor, poderá representalo os seus pais ou titor legal.

9. EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADES

  • FECIMO non se responsabiliza do uso que do premio realice o agraciado e non será responsable dos servizos nin produtos que terceiras empresas deban prestar con motivo do premio desta promoción.
  • FECIMO non será responsable se a tarxeta de código é ilexible, incorrecto, está danado, perdeuse, sustraíuse ou calquera outra circunstancia allea ao promotor que anule o dereito do gañador a reclamar o premio.
  • FECIMO non será responsable por danos e prexuízos de calquera natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade das redes de telecomunicacións ou a web ou o microsite mediante o cal participa na promoción.
  • FECIMO non será responsable se ao tratar de contactar co teléfono do gañador ou o seu correo electrónico están fora de servizo ou non reciben axeitadamente.

10. DEREITOS E DEBERES DE PARTICIPANTES E GAÑADORES

REPERCUSIÓN FISCAL

FECIMO non se fará cargo dos impostos derivados da entrega dos premios, salvo aqueles que por lei correspóndalle satisfacer, e, no seu caso, practicará o ingreso a conta ou a retención que poida corresponderlle en virtude da lexislación aplicable.

a) De conformidade coa normativa do IRPF os premios desta promoción estarán suxeitos á normativa fiscal en vigor en cada momento, actualmente a Lei 35/2006, de 28 de novembro do IRPF, modificada pola Lei 26/2014 do 27 de novembro, o Real Decreto 439/2007, de 30 de marzo polo que se aproba o Regulamento do IRPF e o Real Decreto 2004/2009 de 23 de decembro e o Real Decreto Lei 9/2015 que modifica o anterior.

Neste marco legal, establécese que os premios derivados da participación en xogos, concursos, rifas, ou combinacións ao azar vencelladas á venda e promoción de bens e servizos están suxeitos ao ingreso a conta sempre e cando a base de retención ou ingreso á conta do premios sexa superior a 300 €.

b) Con independencia do establecido no punto anterior, o premiado queda obrigado ao cumprimento das súas obrigas contables e fiscais. En concreto, e como suxeito beneficiario do premio deberá declarar e incorporar na súa base impoñible xeral do seu IRPF, a valoración neta do premio.

c) FECIMO queda relevado de calquera responsabilidade relativa ás obrigas fiscais que para o agraciado puideran derivarse da obtención do premio.

TRATAMENTO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

A efectos de dar cumprimento a L.O.15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, FECIMO informa de que os datos proporcionados por calquera medio polos participantes da promoción na web fecimo@fecimo.es serán incorporados a un ficheiro automatizado responsabilidade da entidade, coa finalidade de xestionar o seu acceso e participación na presente promoción así como poder informarlle por calquera medio sobre produtos, promocións e servizos con fins publicitarios e de prospección comercial, así como para o uso interno dos mesmos e o envio de comunicacións (a traves de chamadas telefónicas, mensaxes sms, mms e correo electrónico) relativos aos aspectos anteriores. Así mesmo, o tratamento de datos incluirá a realización de perfís, segmentacións e enquisas. A realización de tratamentos con fins publicitarios e de prospección comercial implicará facer chegar, por calquera medio información, publicidad e promocións comerciais tanto de FECIMO como das súas empresas asociadas. O consentimento para o tratamento dos datos para as finalidades informadas entenderase prestado de forma manifesta e inequívoca mediante a comunicación dos datos a través da participación nas campañas promocionais tanto a través da web como calquera outro soporte físico.

Os participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación escrita via e-mail a fecimo@fecimo.es ou enviando ao enderezo Avda. de Vigo, 91_baixo en Cangas do Morrazo, Pontevedra (Teléfono de contacto: 986 30 50 00). 

FECIMO adoptará as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos, así como para evitar a súa alteración, pérdida, tratamento ou acceso non autorizado.

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

Os gañadores nesta promoción autorizan a que se tomen fotografías e se graven imáxenes en soporte audivisual así como a súa reproducción, uso, e difusión do seu nome, apelidos e imaxen en calquera actividade publicitaria e/ou promocional relacionada coa promoción, todo elo en calquera medio e sen que ditas actividades lles confira dereito de remuneración económica ou en especie ou beneficio algún. A cesión inclúe os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública de gravacións ou imaxenes captadas, sen limitación de tempo nin territorio exclusivamente relacionadas con este certame, sen restricción algunha, no seu estado orixinal ou procesadas e altaradas de calquera xeito, en todo ou en parte, en calquera medio visual, impreso ou electrónico presente ou que se poida desenvolver no futuro como serían entre outros, exposicións, revistas, libros, diarios, televisión, valos publicitarios, folletos, puntos de venda, CD Rom ou DVD, sitios de Internet ou similares, con calquera obxecto lícito o que inclúe, entre outros, publicidade, promocións, contido editorial e anuncios.

11. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases e a sumisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe FECIMO. Para verificar esta aceptación ao participante solicitarase a aceptación expresa no momento de validación de códigos. No caso de diverxencia entre os participantes na promoción e a interpretación das presentes bases por FECIMO, serán competentes para coñecer dos litíxios que poidan plantexarse os Xulgados e Tribunais de Cangas do Morrazo, renunciando expresamente os participantes desta promoción ao seu propio fuero, de resultar distinto ao aquí pactado.

En Cangas, a 28 de novembro de 2017